Toda vestida de galaguapa e ben peiteada,
vas casar no xulgado
do concello de Sada
co amor da tua vida.
Este vai ser o día
mais feliz da tua vida.
Hai camiños de rosas,
tamén os hai de espiñas,
pero se miras ó Ceo
para esa nai que está alá arriba,
ainda que andes descalza
non che pican as espiñas,
ainda que pareza mentira
esa nai non esquece ás súas fillas.
A vida de solteira
eche unha vida tranquila,
pero a de casada
xa che é mais complicada.
Recorda que ti tés a chave
para que non se complique,
con agarimo, amor e respeto
ti podes conseguilo.
Se algún día estás triste ou deprimida,
mira para esa nai que está alá arriba
ou lee esta poesía que te escribiu unha amiga
no nome da túa avoiña.
Lida nunha voda no xulgado de Sada o 12 de outubro do 2002.



