Buscar este blog

lunes, 30 de abril de 2007

A cama

A cama, niño de amor,
cariño e paixón.
A cama para soñar,
dormir e cavilar.

Na cama hai pensamentos
bos e malos.

Na cama cométense pecados
pero ela non te delata,
escoita e aguanta.

A cama é a tua mellor amiga,
pois pasas nela
a metade da tua vida.

A cama para o descanso,
a cama para os enfermos,
para grandes nacementos
e para os mortos leito.

A cama sempre a tés
ben arranxada,
e poslle boas sabas,
case sempre brancas.

A cama deixala pola mañá,
pero ó chegar a noite
alí esperando está.

E fálaslle e dislle:
"¡que ganas tiña de verte!
hoxe estás fría,
pero non te preocupes
que dentro dun pouco
haiche sobrar calorciña".

Por iso eu cavilo
que a cama é sagrada,
que foi un bó invento
e que merece un monumento.

domingo, 29 de abril de 2007

Galicia

Galicia non hai terra coma ela,
todos os que veñen a vela
non queren marcharse dela.
Terra de montes e vales
de rios e fontes,
muiños que move o vento,
e muiños artesáns
que moen trigo e millo,
que pasan de pais a fillos
que eles van conservando.
Terra de pazos e castelos,
mosteiros e igrexas,
cruceiros e catedrais,
a maioria do século román.
Algúns destes monumentos
son famosos no mundo enteiro,
como a Torre de Hércules,
e o Castelo de San Antón.
Rias altas e rias baixas,
e en todas elas
hai cousas históricas.
Vou citar unhas poucas:
Castelo de Gondomar,
A Toxa, Fisterra, Muxía,
Vigo, Lugo e Ortigueira.
O camiño de Santiago,
que por el pasan
tantos peregrinos
do mundo enteiro.
Galicia terra de meigas,
pero meigas ben fermosas.
Non me extraña que os turistas
queden presos desta terra
que é Galicia.

Un home lacazán


Estou cansa das tuas parvadas,
e se ledo non estás,
terás que marchar
e a tua vida terás que buscar.

Cando conmigo casaches,
sabías como era a miña vida,
se viñas polos meus cartos
saiuche mal o negocio.
Os cartos non están
ó alcance da túa man,
xa que os gardei moi ben
na miña faldriqueira tamén.

E se te achegas a min,
douche unha labazada
e quedarás ben eivado
o que se che queda de vida.

Se queres comer
terás que dobrar o lombo
e poñerte a traballar,
se non, xa sabes o que tes que facer,
colles a porta e xa podes correr.

A min non me importa traballar
para manter ós meus fillos
que de ti xa non esperan nada,
nin traballas nin fas nada.

Como podes ver
a cousa saiuche furada
pensaches que eu era parva
e ás veces as apariencias enganan.

Xa sabes o que tes que facer,
ou poñerte a traballar,
ou coller a porta e marchar,
que na miña casa meu home,
o que non traballa non come.

Falta de poder

Se eu tivera poder
para poder gobernar,
formaría un equipo
que quixera traballar.

Os que están gobernando
non che miran polo pobo,
só miran de encher ben o peto
porque o mellor negocio dura pouco.

Ainda que queden sen choio,
xa che están ben forrados
e ainda por riba
seguen cobrando.

Están ahí para pasar o tempo
e o que non teña cartos
para mercar zapatos
que ande descalzo.

O que non teña pan para os seus fillos
que llo pida ós veciños.
O que non teña cartos para pagar o piso
que vaía ós camiños.

Pero se eu tivera poder,
habían de traballar hasta mais non poder.

Gañarían un xornal,
coma o que eles nos dan,
para que se deran conta
do que é pasar sen pan.

A panza habíalles de baixar
a forza de ter que suar.

Pero non hai nada que facer,
eles son os que mandan
porque teñen o poder
e nos temos que obedecer.

E o que non estea contento
vaise ter que poñer.

sábado, 28 de abril de 2007

Teño unha casa no campo

Teño unha casa no campo
e un xardín con moitas rosas
que mas coida un xardineiro
e sempre as tén fermosas.
E eu pola mañá,
asómome á ventá
a respirar ese aroma puro e sá
que despiden as rosas polas mañás.
E quédome cavilando
e sen darme conta falo:
"¡Que fermosas son as rosas!".
E alí está o xardineiro
que me está decindo:
-¿Quere o seu ramo señora?
-Gracias Xosé, hoxe dame pena que as collas.
-A min tamén me treman as mans
ó arricanlas dos seus tallos.
-Xosé, ¿ti podes decirme algo que eu non sei?
-Pois digame señora, ¿que quere saber?
-¿Por que as rosas teñen nome de muller?
-A muller e delicada, e a rosa delicada é.
A muller ole ben, e a rosa tamén.
Este mundo ten cousas boas,
a vida que é fermosa,
e as rosas que son preciosas
e as mulleres deliciosas.
-Gracias Xosé, contestáchesme moi ben.

O mozo embruxado

Hai un montón de tempo
que sempre soño o mesmo.
Soño con unha rapaza
tan fermosa, tan fermosa,
que non hai outra coma ela,
e sempre a vexo camiñando pola praia.
Fálolle e non me contesta,
e entón vou tras dela.
Ela levanta os brazos
e desaparece na auga,
e teño medo de que afogue,
e entón a mín tamén
me afoga o corazón.
Ten un cabelo louro e moi longo
que lle cubre mitade do corpo.
Serea non é porque vinlle os pés,
e con estes sonos
estoume volvendo tolo.
Conteillo á miña nai
e díxome: "a ti víute unha bruxa",
e levoume a unha cartuxeira.
Ela díxome que tiña o corazón
tan cheo de amor,
que tiña que buscar unha rapaza,
loura ou morena,
que quixera ser a miña parella,
e que lle entregara todo o meu amor.
E así foi como fíxen realidade o meu sono.

miércoles, 25 de abril de 2007

Dia das Letras Galegas

Este ano, o dia das Letras Galegas
está adicado á poesía.
Os nenos na escola están de festa,
recitan, escriben, contan contos,
e todos len libros.
E eso debíamolo facer todos,
porque os libros están feitos de letras,
que son ben fermosas,
pero por desgracia hai moita xente
que non puido ir á escola,
e non sabemos o significado das letras,
nin o que é a poesía, nin un libro.
Un libro é coma un amigo,
de día e de noite.
Pódelo levar sempre contigo,
no bolso ou nun peto.
Estes grandes escritores
escriben libros para todos os gustos.
Dramas, aventuras, amor,
poesía e ciencia ficción.
Un libro é coma un tesouro,
gárdalo nunha librería un montón de anos,
e de cando en cando daslle un repaso,
e se esa historia che gusta,
nunca a esquencerás.
Un libro é como a tua vida,
mentras o lees, respiras,
e podes decir:
¡Vivan as Letras Galegas
sepan ou non leelas!

domingo, 15 de abril de 2007

El sueño de una amiga

Soñé que estaba durmiendo
y que flotaba hacia el cielo.
Quiero hablar y no puedo.
Quiero mirar y no veo.
Perdí el control del tiempo,
mi cabeza daba vueltas,
y me dije: "¡Dios mio!,
¿qué me estarán haciendo?"
Pero yo seguía durmiendo
y sentía que me llamaban.
Quiero hablar y no puedo.
Intenté abrir mis ojos un poco
y entonces me dí cuenta
que estaba acostada,
y en torno a mi cama,
había un montón de batas blancas.
Me quedé un poco asustada,
me cogieron una mano,
me llamaban por mi nombre,
con tanto amor y cariño una voz me decía:
"Abre los ojos, que lo peor ya ha pasado",
y fue cuando me dí cuenta
que no había sido un sueño,
que estaba enferma en un hospital
acostada en la cama.
Y en la habitación,
llena de rosas,
unas rojas y otras blancas,
mi familia mas querida.
Pero yo sigo pensando
que los sueños, sueños son,
pero lo mio fue otra canción.

A cantiga

Cántolle ó ceo,
cántolle á vida,
cántolle á morte,
cántolle ós rios,
cántolle ás fontes.
Cántolle á terra
que ando por ela.
Canto de ledicia
e canto con pena,
cántolle ó vento
a ver se ma leva,
cando ven de volta,
volve a traela,
a pena é miña
pois ninguén ma leva.
Cántolle ós nenos
cando están xogando,
e canto cando están chorando.
O chorar é bo que molla-los ollos,
os meus están secos,
por eso non choro.
Miro para o ceo
e chamo ós meus pais
a ver se me dín se nacín cantando
ou nacín chorando,
pois todo o que fago,
fágocho cantando,
ainda que por dentro
estea sangrando.

A miña nai

Miña nai por qué marchaches,
que tan soa me deixaches,
con tanto medo no corpo
e o corazón roto.
Nos ollos non teño bágoas,
secáronseme de tanto chorar.
Cando me vou deitar
sen ter frio, comezo a tremar
porque me falta o calor
de esa man que me viña tapar.
Eu quixera terte ó meu carón
e sentir o calor do teu corpo,
e encherche a cara de bicos
e poderme sentar no teu colo.
Miña nai ¿por que me deixaches?
pois sin ti nada sei facer.
Eu sin ti non podo camiñar
pola falta de esa man
que tan ben me sabía guiar.
Cada día morro un pouco,
eu quixera morrerme de todo
para sentir o calor do teu corpo,
e encherte a cara de bicos
e poderme sentar no teu colo.
Cando morre unha nai
e deixa fillos pequenos,
debía levalos con ela,
porque así sufren menos,
e alí ó seu carón,
non sentirían frio
nin dor no corazón.

(Publicada no Novembro de 1999 no xornal local de Cambre)

A vida e a morte

A vida

A vida é saltar
e respirar e comer e bailar.
A vida é formar un fogar
cheo de amor, cariño e paixón.
A vida é un don divino
que hai que saber vivilo,
que como di o refrán
non hai felicidade completa
por eso hai que vivila
porque a vida é pequena.


A morte

A morte é negra, son bágoas, son penas.
Cando che morren os pais eche unha gran pena
pois quedas abandonada, sen ninguén que te defenda.
Pero se che morre o home, chorar mais xa non se pode.
Pero se che morre un fillo, non hai pena mais grande,
porque che levan un cacho, un cacho da túa carne,
e sánguache o corazón e non sabes como atallarlle,
porque lle falta un cacho, un cacho da súa carne.
Iso é a morte, bágoas, tristura e pena.
A morte é eterna.

La peseta

Adiós para siempre. Adiós.
Compañera de mi vida. Adiós.
Fuiste buena compañera.
En las penas y alegrías
me quitabas el frío
de los bolsillos,
el hambre del estómago,
y contigo por delante
entraba en cualquier parte.
Mi querida Peseta
te conocí de pequeña.
Eras de plata y esbelta,
con el paso de los años
te cambiaron el color.
Tenías un color dorado
yo más bien diría rubia.
Y así te llamamos un montón de os.
Después te hicieron
ligera y pequeñita,
de un color casi blanco.
Y mi Peseta querida
fuiste cayendo en picado,
te fuiste devaluando,
y ahora mi Peseta querida
te jubilaron.
Pero no tengas pena,
irás para un museo
guardada en una caja
y así pasarás a la Historia
con unas letras doradas
y buena caligrafía, que diga:
"Aquí yace la Peseta española"
Así lo escribiría Rosalía:
Adiós querida Peseta.
Adiós para siempre. Adiós.
Ya quedas para la historia.
Adiós.

A la madre del cielo y al mes de mayo

En el mes de mayo hay muchas flores,
por eso está dedicado a las madres y a las flores.
Santa María, madre de todas las hijas.
Santa María, Tú eres madre todo el año,
por eso en mayo, Madre mía,
te cantamos con alegría.
Madre que estás en el cielo,
si nos estás escuchando,
te lo rogamos Señora, que nos lleves de la mano,
porque esta tierra, Señora, lo está necesitando.
Virgen Santa, estas hijas te damos mucho trabajo,
por eso el mes de mayo a Ti te lo dedicamos.
Te ponemos muchas flores que a ti te gustan tanto,
te rezamos, te cantamos y ante Ti nos postramos
y te pedimos perdón por lo mal que nos portamos,
porque te lo mereces todo y que poco te damos,
por eso el mes de la Madre tiene que ser todo el año.

Virgen María, Madre de Dios y de todo el universo,
en nombre de tus hijas te recito estos versos:

"Si yo supiera expresar lo que siente el alma mía,
qué de cosas a tu presencia haría llegar,
pero me he de conformar y decirte solamente
que te quiero eternamente y te doy mi corazón.
Tómalo, tómalo, tuyo es, mío no."

El diploma








Esta noche he soñado que tenía doce años y que me daban un diploma por las buenas notas, sobresalientes casi todas.
Les decía a mis padres:
"¡Mirad que notas saqué! ¡Estaréis contentos por tener una hija tan inteligente!¡Me tenéis que llevar de vacaciones al Cancún o al Caribe!"
Pero al despertar me dije: "¡Con qué fui a soñar!".
Pero a veces los sueños se hacen realidad.
Tengo muchos doce años, pero me van a dar un diploma que me hace tanta ilusión como si fuera una niña.
¡Dios mío! ¡Cuantas vueltas da la vida!
¡Quién me diría a mí que de mayor iba a ir a la escuela!
Me daría la risa, pero es verdad.

Gracias a los profesores por la paciencia que tienen que tener para que aprendamos cosas y a las personas que hacen que esto sea una realidad.
Es una pena que la gente no quiera ir a la escuela con lo buena que es para nuestra cabeza.

sábado, 14 de abril de 2007

La casualidad

Un día doce nos enamoramos.
Un día doce nos casamos.
Un día doce hicimos las bodas de oro.
Y un día doce tú me dijiste adiós.
Te fuiste a ese viaje
del que nunca se vuelve.
Vivimos juntos un montón de años,
construimos nuestro nido,
un nido que nunca estuvo frío.
Lo hicimos con cariño
y con mucho amor,
y sobre todo respeto.
Ahora ese nido está vacío,
sólo hay pena y dolor.
Tengo que aprender
a vivir de nuevo,
espero poder hacerlo
con la ayuda de Dios
y tu recuerdo.
Hay una leyenda que dice
que el tiempo todo lo cura,
pero eso es imposible.
Pero hay que ser fuerte
y tirar para adelante
aunque te cueste,
porque olvidar no puedes.
Estas son las cosas que te quedan
grabadas en la cabeza
para toda la vida,
por muy larga que sea.

Entroido 2007

Moi boas tardes, señores.
Outro ano aquí estou,
celebrando o meu santo
cos que atrás quedaron.

Antoxóuseme dar unha volta a Galicia
e vin os montes queimados,
as praias cheas de cinza e de ladrillos tamén,
os ríos indo por fora, e ós que vivían ó seu caron,
chegándolles a auga ata o pescozo,
e nun helicóptero tivéronos que rescatar.

Descansei un anaco no Bosque Animado
e tanto me gustou que falei só.
Entón díxome un home:
-¿Seica falas só?
-Estouche mirando para O Bosque Animado
refuxio dos namorados,
e agora queren que por él pase o AVE.
Estes gobernantes non teñen cachola,
nin bolas dentro dos pantalóns.

E como o AVE non chegaba
e o tren lixeiro tampouco,
funme chegando ata Cela, onde no lugar do río,
fixeron unha rotonda, e agora se chove,
non podemos a roupa lavar sen nos mollar.
En Cela a ponte romá tiraron tamén,
e alí tanto choraron que o río desbordaron.

Chegei ó centro de Cambre,
e estache peor que o ano anterior.
Os “Servicios Sociais” pagamos,
e á Barcala os levaron.
O que non poida camiñar, ata eles chegar,
o carallo vaise ter que tocar.

Ós veciños avisaron para pagar o alcantarillado,
pero se non o temos posto, ¿como imos paga-lo?
¡Hai que foderse!
¡Pagar un servicio sen te-lo prestado!
Está visto, cómo non lles chegan os cartos,
de algún lado hai que saca-los.

En vez de botar tantas contas,
é mellor que se poñan á porta da igrexa
pedindo esmola,
porque é ben certo que traballar non queren.

Había que coller un feixe de ortigas
e darlles unhas boas fregas
a ver se lles quencía o sangue,
pois como sigan así,
poucos votos van ter.

A “Casa da Cultura” está sen facer,
e a dos vellos tamén.
Parécelles que somos tontos,
e que nos poden meter
os dedos nos ollos,
pero se non morren de novos
tamén eles vellos han de ser.

Eu, coma Entroido que son,
nin morrerei, nin lles meterei os dedos nos ollos,
pero a lostregazos vounos espabilar.

Se alguén se picou, que se rasque,
que nos, xa hai tempo que nos rascamos,
e ó paso que levamos,
¡o que nos queda por rascar!

Xa me cansei de camiñar,
e agora vou descansar.
Xa teño un bo repertorio,
e para facer un artículo dá.
Pero se non paso a censura, igual lévanme preso.
¿E preso eu? ¡Nin por un pelo!
Así que ata o ano que ben,
que con novos folgos voltarei.

A miña Virxe María

Teño un pequeno xardín
que cuido todo o ano
para ter fermosas rosas,
e cando chegue o mes de Maio
poder levarllas á Virxe,
Virxe que tanto amo.
Cando llas estou poñendo
sinto unha voz que me di:
“son fermosas estas rosas,
gracias miñas filla,
ten coidado coas espiñas”.
Eu quedeime pasmadiña
e púxenme de xeonllos,
receille un Pai Noso
e canteille un Ave María.
“Virxe Santa, chamáchesme tua filla
sendo eu pecadora e ti unha Santa tan boa”,
e sentín que me decían:
“miña filla, miña filla”,
e púxenme de xeonllos,
receille un Pai Noso,
canteille un Ave María,
por esa nai que encontrei,
e que tiña por perdida.

Namorada de Galicia

En Galicia temos montañas e vales,
temos rios, temos fontes,
temos prados, temos montes,
temos mar e praias para o sol tomar,
unha morea de monumentos,
poñelos aquí a todos levaria moito tempo.
Temos terneira galega e capons de Vilalba,
viño do Ribeiro, e tarta de Mondoñedo.

Galicia eche terra de gaiteiros,
e de ven fermosas nenas,
hainas loiras e morenas,
e poñen as saias longas,
para bailar a xota ó compás das nosas gaitas.
Temos homes que cha valen para todo,
cardenais, bispos, xefes de estado,
presidentes, escritores, poetas e loitadores.
Así somos os galegos, e así seguiremos sendo.

Por eso meu queridiño,
aquí estouche esperando,
para darche o meu amor,
onde ti queiras tomalo,
á beiriña dun rio,
á sombriña dun pino.

Porque en Galicia nacín,
en Galicia casei
e en Galicia morrerei.
Como se pode ver dela me namorei.

As Letras Galegas

Dazasete de Maio, dia das Letras Galegas,
quen puidera coñecelas, ordenalas,
escribilas e leelas.
Os que todo iso seipan, xa poden estar ledos.
Ler un libro é unha cousa ben fermosa,
e escribila ainda o é mais.
As Letras Galegas sempre van adicadas
a algún famoso escritor, estean vivos ou mortos,
que en Galicia hainos moi bos,
mulleres, homes, nenas e nenos.
Poñer aquí os seus nomes levaría moito tempo,
pero o dazasete de Maio vai adicado a todos.
Cantando o himno galego, de pé e con respeto,
escribindo unha poesía,
tocando a gaita ou bailando a xota.
As Letras Galegas son a nosa lingua,
falémola sempre para non esquencela.
Falade neniños, falade galego,
aprendede as letras para compoñelas.
Falade neniños, falade galego.

Tocar a campá

Falan de min se prego,
falan de min se bailo,
falan de min se vou
á escola e aprendo.
Se andas mal amañada
¡mira como andas!
pero se te amañas ben
e pintas un pouco a cara,
dinche que estás tola.
Fagas o que fagas
a campá han de tocala.

Entón púxenme a cavilar,
que nesta vida o importante
e ter a conciencia tranquila
e darlle ó corpo o que pida.
Se quero pregar, pois prego,
se quero bailar, pois bailo,
se quero ir á escola, aprendo.
O que hai que ter en conta
é camiñar pola vida
coa cara ben erguida,
¡e que toquen a campá!