Buscar este blog

sábado, 10 de noviembre de 2007

Fuxín da casa

Abandonei a miña terra
e á miña familia,
por un home
que eu quería.

Funme para unha terra extraña
e lonxe abondo da miña.

Pouco durou a miña ledicia,
ese home deixóume sen decir nada
e quedei soa naquela casa.

Tanto chorei que quedei sen bágoas,
boteime á rúa sen rumbo
e cando cansei de camiñar
senteime nun banco e volvín a chorar.

Pensando na miña vida
a noite botóuseme enriba
e alí quedei durmida.

Unha muller espertoume
preguntándome qué tiña,
pero eu non a entendía.

Entón díxome se era muda
ou non sabía falar,
e cando sentín o galego
peguei un berro tremendo.

Levoume para unha casa
de mulleres maltratadas
onde aprendín a vivir,
e cando voltei á miña casa
xa non se acordaban de min,
pois era toda unha señora
rica e ben preparada,
e así acabou a miña tolada.

No hay comentarios: