Buscar este blog

sábado, 28 de julio de 2007

Noticias: Hoxe na TVG

Realidades: "> de 65"
Neste programa da TVG faise unha pequena entrevista a persoas maiores de 65 anos de Galicia e entre elas á avoa Sara e o seu blog.
Eiquí vos deixo a hora de emisión e unha breve sinopse do que se vai tratar nesta reportaxe:


Realidades: "> de 65"
Día: 28/07/2007 ás 21:00

A reportaxe feita polos Servizos Informativos da TVG amosa unha radiografía e a situación real da terceira idade en Galicia, os novos sistemas de asistencia social e outras cuestións de importancia que preocupan aos nosos maiores. Os protagonistas desta reportaxe son persoas galegas, todas elas maiores de 65, que proceden de distintos ámbitos e viven en diferentes situacións (uns solos outros con fillos ou familiares). Todas elas falarán de como afrontan esta derradeira etapa das súas vidas, expresan o seu xeito de entender a vellez e tamén opinan das axudas e da asistencia que dispoñen.

No hay comentarios: