Buscar este blog

domingo, 19 de agosto de 2007

A rapaza que botaron da casa por estar namorada

Un día que saín a camiñar encontrei unha rapaza. Tanto choraba que me deu pena e achegeime a ela por si estaba enferma e se podía axudala. E ela mirou para min e díxome:
-Señora, a min xa ninguén me pode axudar.
-¿E logo? ¿Fíxeches algunha cousa mala? -Pregunteille.
-Non señora. Botoume meu pai da casa por estar namorada.
-¿E eres correspondida? -Pregunteille de novo.
-Si señora. O malo é que él é o fillo da señora onde eu tiña o traballo, que agora xa non teño. E dígame vostede que fago.
-¡Algo terás que facer! -Díxenlle.
-Pois xa me dirá vostede o qué.
-Tes cara de boa rapaza. -Dixenlle- Eu se queres lévote a unha casa na que viven dúas señoras. Unha é viúva e a outra solteira. Se ti te portas ben, non che faltará nada. Elas están moi soas e de noite teñen medo de que lles pase algo.
E leveina a esa casa que mais ben parecíase a un pazo. As señoras quixeron saber o que sabía facer.
-Sei fregar, lavar, pranchar e facer algo de comer. -Respostou ela.
-Eso está ben. -Lle dixeron.
Tamén quixeron saber o nome da señora onde ela traballara, e cando lles dixo o nome, miraron unha para a outra e botaron unha risotada. E dixeron:
-¡Meu Deus! ¡Que pequeno é o mundo! Esa señora é a nosa sobriña e o fillo o noso afillado.
E dixo a rapaza:
-Por ese o seu afillado eu perdín o traballo porque os dous estamos namorados, e como el está estudando, non temos cartos para casarnos.
-Pois mira rapaza -dixeronlle elas- nesta casa non terás falta de nada. O que tés que facer e cuidar a estas dúas vellas e parece que vamos a levarnos ben. E aquí tamén poderás casar en canto chamemos ó noso afillado ainda que se lle facerá longo o camiño para virte a ver.
E aquí acabou o drama desa rapaza que a botou o pai da casa por estar namorada.

No hay comentarios: