Buscar este blog

domingo, 26 de agosto de 2007

Mal pagada

¡Ai amor! Deixáchesme abandoada,
triste, soa e mal pagada.
¡Ai amor! Este non é o contrato
que entre os dous asinamos.

Esta vida non me vai
aspiro a outra mellor.
Na tua mán está meu amor,
pero se tardas,
as portas estarán pechadas.

Vivirei a vida
como a min me dé a gana.
Cantarei e bailarei,
serei unha ben pagada
e ainda que teña que traballar
de día e de noite,
non terei falta de nada.

Si, meu amor, esta será a miña vida
que o destino me tiña asinada,
e se algún día te atopo na rúa
pasarei ó teu carón
sen mirarche para a cara.

E se algún día me petas á porta
pensa que está pechada,
que a pechou ésta mal pagada.

No hay comentarios: