Buscar este blog

domingo, 23 de septiembre de 2007

Retranca dun galego

Sonche parco de molleira
e teño un retorto
que quixera endereitar.

Ós pobres hínchalles a barriga coa fame.
Ós ricos de tanto comer.
Os pobres nadan na pobreza.
Os ricos na riqueza.

E este é o retorto
que eu non podo entender.
Ó que mo queira amosar
eu estou aquí para aprender.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Boas tardes:

Som un rapaz de Cambre impresionado por este blog que recén acabo de descubrir.

Aparte de ser uns poemas moi bonitos téñolle que agradecer que faga este blog empregando a nosa lingua nai, o galego.

Reciba un cordial saúdo e felicitóa novamente polos seus poemas e escritos, é unha ledicia lelos.