Buscar este blog

domingo, 7 de octubre de 2007

O Bosque Animado

O Bosque Animado
refuxio dos namorados,
así nos lle chamamos.

E alí no pazo
teño unha amiga
que está traballando
e que ten medo
de quedar sen traballo.

E pensei eu:
¿por qué non fan
un tunel subterráneo
ou unha ponte elevada
e deixan o Bosque tranquilo
para os mortos e os vivos?

Para que paseen as almas
e mai-la Santa Compaña,
o trasno, e as bruxas
e o cuxiño de Manoliño de Vos
que lle trouxera de agasallo
o autor do Bosque Animado.

E a todos os paxariños
que alí fan os niños,
tamén ós esquios
que aganchan ós pinos.

As lebres e mai-los coellos
que teñen alí os seús tobos,
onde tamén anda o moucho,
o cuco e mai-lo raposo.

Ou sexa que no Bosque
hai de todo un pouco,
cheo de árbores pequenos
e tamén moi grandes.

Se paseas por alí
respiras mellor,
xa que o seu aire
non está contaminado.

¡E o AVE ven destragalo
non saben que o Bosque
ainda está protexido!

Señor que estás no ceo
concédenos un milagre,
e que así non perdamos
o noso Bosque Animado.

No hay comentarios: