Buscar este blog

sábado, 16 de junio de 2007

O cumpreanos da avoa

Avoa, hoxe é o teu cumpreanos
e como non teño cartos
quero lerche con agarimo
este poema que a ti cho adico.

Avoiña non falo galego
e quixera aprendelo
se ti me axudas
cada día un pouquiño.

Cóntame deses galegos
de montes e vales
de bruxas e trasnos
e de rios e fontes.

Das gaitas galegas,
das xotas e muiñeiras
que bailan os nenos
e bailan as nenas.

Galicia é a tua terra,
a ver se algún día
me levas a vela,
para ver os seus pazos
e os seus castelos,
e os vellos muiños
moendo no millo.

Avoa, este é o meu agasallo,
así que avoiña agasállame
co libro do Bosque Animado,
que tamén hai en debuxos animados.

Bicos do teu neto
que te quere moito.
¡Feliz cumpreanos
miña querida avoa!

(Adicado a Neus e á sua nai con cariño)

No hay comentarios: