Buscar este blog

jueves, 28 de junio de 2007

A vaca da Xastra

A vaca da Xastra era negra e branca,
e érache lista a condenada.
Pola mañá se quedabas durmida
bruaba para que a muxiras
e así de paso comías.

Pero así que tiñas a canada chea
anque tiraras ben polo teto
non che daba unha gotiña,
pois gardábao para a súa cria
que cha tiña limpa e gordiña.

Cando ía a pastar
se vía un prado,
levantaba o rabo
e chegaba nun salto.

Así que se enchía
viña para a casa soiña
e metíase na súa corte,
deitábase e remoía.

Era mansa, non daba couces nin cornadas.
Pero unha vez que a quixeron vender
o que a viña mercar tivo que correr,
empezou a dar couces e a cabeza mover,
pensaron que estaba tola
e non a puideron vender.

Morreu na casa de vella
e deixou unha cria
que era igualiña a ela,
branca e negra,
e tamén lle chamaron
a vaca da Xastra.

No hay comentarios: