Buscar este blog

viernes, 18 de mayo de 2007

En honor a San Xulián

Non sei se o soñei
ou en verdade me pasou.
Pregunteille a San Xulián
que é patrón de moitos pobos,
que hai que ter para gobernalos a todos,
e así me respostou:

"Para ser un bó pastor,
ademais de ter un bó can,
hai que ter moita fe
e unha pomba na man.

O can para apastalas a todas,
a pomba para coidalas dende o ceo,
que algunha sempre se perde
tentada polo demo.

Hai que deixala marchar
que en canto se atope soa
chea de medo e de pena,
nin sinte o ladro do can
nin ve a pomba no ceo."

Pide perdón ó pastor
para voltar ó seu carón.
O can chouta de ledicia,
a pomba pía, pía que pía.

Xa voltou a ovella perdida,
xa podemos facer a festa
en honor a San Xulián
nesta parroquia de Cela.

Eu xa sei o que hai que ter
para ser un bó patrón:
ademais dun bó can,
moita fe, e unha pomba na mán.

No hay comentarios: