Buscar este blog

viernes, 18 de mayo de 2007

O Nadal, unha ledicia

O Nadal é unha festa de ledicia
na que naceu un neniño
fillo da Virxe María.

O pai é San Xosé
guiado dunha pombiña
que traía no pico
unha poliña de oliva.

O neno é tan fermoso
que ó ollar para el
véñenche as bágoas ós ollos,
e se lle tocas coa man
pásache algo polo corpo,
non sei se é ledicia
pena ou gozo.

Imos á Misa do Galo
para adorar ó neniño,
que alí xa o están facendo
a vaca, o burro e un pastorciño.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola!!encantoume a túa páxina,e o mellor a túa alegría.un beso.Valeria