Buscar este blog

domingo, 6 de mayo de 2007

A gata abandoada

Un mozo que andaba paseando
atopou unha gata nun prado
chea de fame e mollada,
pois deberona tirar ó rio
a ver se afogaba.

O mozo trouxoa para a casa,
puxoa ó sol para que secara.
Logo quíxolle dar de comer
pero non sabía que,
e chamou pola sua madriña
que lle puido dar de comer.

"¡A miña gatiña!
¡A pobre está tan fraquiña!".
E díxolle a madriña:
"Para empezar dalle leite ou auga".
E a gata lambeu o leite e bebeu a auga.

Encontrouse tan a gusto
que xa non se foi da casa.
A gata é negra e branca
e estache ben enseñada.
Sempre chama coa pata
para entrar na casa.

O día que o mozo non está
ándache moi disgustada.
Pero unha noite foi de foliada
con un gato pardo
que a ela lle gustaba.

Pero pola mañanciña
xa estaba na casa,
e como estaba cansa
votou o día deitada.

Agora a nosa gatiña
parece que está preñada,
ainda que xa non ten medo
de que volban abandoala.

No hay comentarios: