Buscar este blog

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Entroido 1996 - A propósito da terceira idade de Santa María de Cambre

Aquí chegamos señores
dispostos para gañar
que nos fan falla os cartos
para a nosa casa amueblar.

Porque temos unha casa
e vos mirade que pena
a sociedade medrou
e a casa quedou pequena.

Imos facer unha carpa
alí no campo da feira
que coma hai sitio dabondo
ainda que botes un peido non cheira.

A nós gústanos bailar
e tamén nos gusta comer
porque as outras cousas
non as podemos facer.

Tivemos unha reunión
e díronnos unha flor
para poñerlla dereita
ó señor do bastón,
e tanto gosto lle dou
que en vez de falar chorou.

Na nosa sociedade
non se nos trata moi ben,
cando se dirixen a nos din "muller"
e según o diccionario
hai muller cruel e muller fatal
e eso a nos parécenos moi mal.

Pero hai que perdoar
que cando un vai vello
ó que non lle falta a cabeza
perde ata o xeito de andar.

Imos a parar con esto
e pasar a criticar,
pois aquí no campo da feira
se che pega un achuchón,
tés que fuxir cara o monte
ou cagar no pantalón.
E vos, mirade que cousas
que agora ata os taxistas
teñen que mexar nunha bolsa.

Na nosa Vila de Cambre
haiche cousas de primeira,
no Graxal e na Barcala
e eiquí no centro da terceira idade
eche todo unha escombreira.

Se pasas polo salón
tés que entrar polo burato
para bailar o charlestón,
e se vas para a farmacia
tes que ir con coidado
por se che cae unha tella
e che fode o cabezón.

O que atopas polas rúas
son uns globos alargados
que si lles soplas un pouco
sonche parecidos ós nabos.

Debían ter unhas letras
que dixeran "non soprar"
pois se os usas de globos
podeste contaxiar
¿e que non che teñen cartos
para ó barrendeiro pagar?

Sonche cousas de cartos
e non saben como facelo,
ímoslles dar un remedio
que se todos os políticos
deixan un mes sen cobrar
poñen no ceo a Galicia
e logo volta a empezar.

E se non saben economía
que veñan os da Xunta,
que nos a vimos practicando
dende o día que nacemos.

Temos un fútbol sen campo,
un xadrez sen salón
e os outros todos para afora
ainda que choiva ou que quente o sol.

E agora ó final
imos a pedir perdón
por se alguén se picou,
que para o ano que ven
ímolo facer peor.

No hay comentarios: