Buscar este blog

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Entroido 1998 - Sonche cousas do Entroido

Non vos asustedes
que aquí fálase de todo,
o concello de Cambre
medra por un lado
e encolle polo outro.

Ó Outeiro e Cela,
deixáronos de lado
e ían facer unha praia
e no sitio dela
fixeron a batedora da merda.

Parécelles pouca
a que nos manda Meirama,
tamén ven a de Quintán
e por se non chegaba
a hospitalaria de Sada,
e a de Cela corre pola estrada.

Fíxose unha manifestación
con un montón de pancartas,
para decirlle ós de Sada
que a estrada de Cambre
xa está aboada.

Outros pedíronlle ó Espiritu Santo
que é un santo milagreiro:
"Fai que se arrepintan estes homes,
peten coa mán no peito,
e volvan para atrás o proxecto",
e algo debeu facer
que o negocio está parado.

Outra manifestación alá pola Rocha
que a estrada saíu torta,
outra pola gasoliñeira,
¡A quén se lle ocorre
facela naquela eira!

E de tanto andar
para arriba e abaixo
algún quedou descalzo.

Gasolina sí, gasolina non,
que aquí manda o tío Antón.

Pero en Cambre
tamén temos cousas boas
Praza de Europa,
xardín con rotonda,
campo da feira,
ainda que cheira ós mexos
ándase por ela.

A estrada, que cando a den acabada
¡Nin o paseo da Castellana!

Temos o río Mero
ainda que da pena velo,
temos o Bosque Animado
refuxio dos namorados,
temos chalés adosados
pisos baratos e caros.

Pero hai outros chalés
que che fan os funcionarios,
que en vez de chalés
seméllanse a palacios.

Temos deportistas de balonpé,
balonmá e xadrez,
e todos son campeóns
de primeira división.

Temos un concello
con un feixe de empregados,
como Cambre medrou tanto
non che dan feito o traballo.

Temos oficina do paro
que se queres traballo
podeste ir apuntando
pero se non tes padriño
estás tocado de carallo.

Eso que a xuventude
estache moi ben preparada
e a que non ten carreira
está loitando para quitala.

Pero o bombazo como sabedes
foi o da parella de "desfeito",
que se fixeron famosos no mundo enteiro.
Os curas téñense que espabilar
coa competencia que teñen
para parellas xuntar.

Agora os vellos temos que ir á escola
para aprender a coñecer o "Euro"
a nova moeda que nos mandan de Europa.

Os que mandan
o que tiñan que facer
eche deixar a tixeira,
que con tanto recortar
a tela vaise acabar.

Hai quen ten un traxe
para cada día do ano
e outros traen o cú ó aire
por non ter con qué tapalo.
Esto anda como o carallo
antes medraba para arriba
agora medra para abaixo.

Esto vai para o señor Alcalde,
xa sei que se vai cansar de escoitar
pero voulle lembrar
no nome da terceira idade
que nos faga unha casa mais grande,
con un bó comedor, sala de xogo e baile
e outra para escolares,
traballos manuais e cantantes.

E xa non digo mais nada
que xa teño a man cansa
podedes botar un aprauso
ou unha cantaruxada.

No hay comentarios: