Buscar este blog

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Entroido 1997 - Terceira idade de Cambre

Non sei se foi a calor
ou se che foi un milagre,
todas aparecemos preñadas
e todas no mesmo ano.

Non sei coma che imos facer
para manter estes nenos,
se lle pedimos á Xunta
igual nos mete unha multa
por meter o enchufe
no lugar equivocado.

Pero ímolos a ensinar
a estudiar e traballar
por si chegan ó poder,
pois para saber mandar
hay que sabelo facer,
e xa se poden preparar
ós que lle negaron o pan
ó acabar de nacer.

Na nosa sociedade eche coma na Moncloa,
pois todos queren meter a man na bola,
pero como está quente
saen correndo para fora.

Ás mulleres non lles fan puto caso
só nos dan a razón cando xa pasa o fracaso,
foron todos ó Luar e viñeron enfadados
porque na presidencia sentáronse os enchufados.

Na nosa casa, diante da galería
fixeron unha caixa forte para a directiva,
os ladróns pensaron que era de ouro
e foron de noite para roubar o tesouro.

A nosa sociedade e grande
pero só nos xuntamos
cando hai comida de balde.
Temos un presidente que é de ferro blindado,
pero de non facer nada xa se está enferruxando.

Do alcalde non podemos falar mal
que sería peor e ímoslle doar un látego
para que poña a traballar
a toda a corporación.

Se vas ó concello
a arranxar un documento
tes que volver catro veces
¿tanto teñen que facer?

Empezan a preguntar
o numero do carné,
o que comes e ganas,
danlle a unhas teclas
e xa saben o que ganas
e canto mais cagas mais pagas.

Sr. alcalde tennos que facer
unha casa grande onde poidamos estar
tanto de noite, coma mañá e tarde.
Que teña un bó comedor
sala de xogo e de baile
sería un negocio rentable
e os vellos non terían
que marchar de Cambre.

Os da terceira idade
estamos moi contentos
desde que imos á escola,
para sumar catro e catro
contámosche polos dedos,
pero na ximnasia
hai que ver coma nos movemos
pois xa perdemos dez kilos
e xa temos tipo fino.

E ata o ano que ven
que se me cansou a man,
e se algún se picou
os allos son o mellor.

Esta historia sen final
escribiuna unha vella
no nome da sociedade.

No hay comentarios: