Buscar este blog

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Entroido 1996 - Asociación da terceira idade de Cambre

Aquí chegamos señores
e vimos ben preparados
porque imos celebrar
o que hai cincuenta anos asinamos.

Traemos unha madriña,
temos cura e sacristán,
pero fáltanos o padriño
que seica non tiña cartos
para os calzóns comprar.

Chamamos ó señor alcalde
se nos quere apadriñar
a ver se nos deixa un peso
para as nosas deudas pagar.

Non podemos ir de hotel
que non nos chegan os cartos
nin para o billete do tren.

Agora coas eleccións
imos a vivir mellor
vannos baixar os impostos
e subirnos as pensións,
e os cartos vanos quitar
dos forros dos pantalóns.

Peléxanse coma ratas
para chegar ó poder
e en vez de parecer políticos
semellan lurpias baratas.

Desde que imos á escola
aprobamos á primeira
ímoslle a quitar o posto
a Camilo Xosé Cela.

Algúns xa teñen pensado
estudiar unha carreira,
outros din que o Seminario
é o único lugar
onde ainda hai traballo,
outros que para avogado
que coma xa hai moitos
cobrarán sempre do paro.
Eu vou preparar políticas
que eche a única maneira
de cobrar sen traballar.

Nós os vellos, somos moi despreciados,
estorbamos na cociña, no salón
e ata no cuarto de baño,
pero non lles estorbamos
cando nos piden os cartos.
Pero coma somos raposos,
téñennos que dar no brazo
a ver se así os soltamos.

Espero Deus que nos des humor
para bailar e para xogar
e ata para facer o amor.

E agora para rematar
tédesme que perdoar,
se vos gustou aplaudide
e se non podedes asubiar.

Esto escribíuno unha vella
no nome da sociedade.
E ata o ano que ven
se e que chegamos aló.

No hay comentarios: