Buscar este blog

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Entroido 1997 - Un revolto de parodia da terceira idade de Cambre

Aquí na Vila de Cambre
estámosche practicando
eso do "quieto parado",
pois todo che sigue igual,
igual que o ano pasado.

O campo de fútbol
non hai maneira de acabalo
e por eso o de "quieto parado",
e o polideportivo tamén está tocado
polo "quieto parado" e hai deportistas
campeóns de Galicia e de España
e non teñen onde practicalo.

Todos fomos a votar
cada un polo seu partido
e ó facer o reconto
estaban todos remexidos.

Para facer a orquesta
ouvoche que andar pedindo
polas casas dos veciños,
porque a gaita reventou,
o clarinete dobrou
e para tocar o trombón
hai que ter forza no peito
e dentro dos pantalóns.

Os cantantes son estranxeiros
o director da capital
e en vez de orquesta
parece a banda municipal.

E salíulles ben a cousa
xa non teñen que soprar,
só coller a tixeira
e poñerse a recortar.

E con tanto recortar
non sei onde iremos a parar,
se mandaran as mulleres
todo sería mais doado.

Poñeríamos ós homes
a tirar polo arado
a traballar eses prados
para coller herba para o gando
e a rozar nos montes
en vez de andar polo ceo
apagando eses lumes
que eles mesmos prenderon.

E ó mirar de facer cartos
poñeríamoslles unha multa
ós que non corten a silveira
siquera unha vez ó ano.

Vixiar eses vertidos
pois cando cagas fino
vanche dereitos para o rio,
pero cando cagas duro
hai que chamar á cisterna
para desatascar o tubo.
Esto pasa no noso alcantarillado
que hai dez anos que fixeron os planos
e ainda está "quieto parado".

Vixiar as escombreiras
para que ós turistas
non lles tiren o lixo
no medio das pernas.

Rapaces e rapazas que tedes carreira
preguntádelle ó goberno que ides facer con ela
porque así, desta maneira
rompes a cabeza e non ganas unha perra.

O alcalde pode estar contento
pois o meterme con él
sería perder o tempo,
xa se quere retirar
pero para cobrar o salario enteiro
ten que pagar non menos de 35 anos.

E xa para terminar,
dámoslle as gracias ó goberno
pola subida da nosa mensualidade,
e ata o ano que ven
se e que chegamos aló.

No hay comentarios: