Buscar este blog

domingo, 29 de abril de 2007

Falta de poder

Se eu tivera poder
para poder gobernar,
formaría un equipo
que quixera traballar.

Os que están gobernando
non che miran polo pobo,
só miran de encher ben o peto
porque o mellor negocio dura pouco.

Ainda que queden sen choio,
xa che están ben forrados
e ainda por riba
seguen cobrando.

Están ahí para pasar o tempo
e o que non teña cartos
para mercar zapatos
que ande descalzo.

O que non teña pan para os seus fillos
que llo pida ós veciños.
O que non teña cartos para pagar o piso
que vaía ós camiños.

Pero se eu tivera poder,
habían de traballar hasta mais non poder.

Gañarían un xornal,
coma o que eles nos dan,
para que se deran conta
do que é pasar sen pan.

A panza habíalles de baixar
a forza de ter que suar.

Pero non hai nada que facer,
eles son os que mandan
porque teñen o poder
e nos temos que obedecer.

E o que non estea contento
vaise ter que poñer.

No hay comentarios: