
Estou cansa das tuas parvadas,
e se ledo non estás,
terás que marchar
e a tua vida terás que buscar.
Cando conmigo casaches,
sabías como era a miña vida,
se viñas polos meus cartos
saiuche mal o negocio.
Os cartos non están
ó alcance da túa man,
xa que os gardei moi ben
na miña faldriqueira tamén.
E se te achegas a min,
douche unha labazada
e quedarás ben eivado
o que se che queda de vida.
Se queres comer
terás que dobrar o lombo
e poñerte a traballar,
se non, xa sabes o que tes que facer,
colles a porta e xa podes correr.
A min non me importa traballar
para manter ós meus fillos
que de ti xa non esperan nada,
nin traballas nin fas nada.
Como podes ver
a cousa saiuche furada
pensaches que eu era parva
e ás veces as apariencias enganan.
Xa sabes o que tes que facer,
ou poñerte a traballar,
ou coller a porta e marchar,
que na miña casa meu home,
o que non traballa non come.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario