Buscar este blog

domingo, 15 de abril de 2007

A miña nai

Miña nai por qué marchaches,
que tan soa me deixaches,
con tanto medo no corpo
e o corazón roto.
Nos ollos non teño bágoas,
secáronseme de tanto chorar.
Cando me vou deitar
sen ter frio, comezo a tremar
porque me falta o calor
de esa man que me viña tapar.
Eu quixera terte ó meu carón
e sentir o calor do teu corpo,
e encherche a cara de bicos
e poderme sentar no teu colo.
Miña nai ¿por que me deixaches?
pois sin ti nada sei facer.
Eu sin ti non podo camiñar
pola falta de esa man
que tan ben me sabía guiar.
Cada día morro un pouco,
eu quixera morrerme de todo
para sentir o calor do teu corpo,
e encherte a cara de bicos
e poderme sentar no teu colo.
Cando morre unha nai
e deixa fillos pequenos,
debía levalos con ela,
porque así sufren menos,
e alí ó seu carón,
non sentirían frio
nin dor no corazón.

(Publicada no Novembro de 1999 no xornal local de Cambre)

No hay comentarios: