Buscar este blog

sábado, 28 de abril de 2007

Teño unha casa no campo

Teño unha casa no campo
e un xardín con moitas rosas
que mas coida un xardineiro
e sempre as tén fermosas.
E eu pola mañá,
asómome á ventá
a respirar ese aroma puro e sá
que despiden as rosas polas mañás.
E quédome cavilando
e sen darme conta falo:
"¡Que fermosas son as rosas!".
E alí está o xardineiro
que me está decindo:
-¿Quere o seu ramo señora?
-Gracias Xosé, hoxe dame pena que as collas.
-A min tamén me treman as mans
ó arricanlas dos seus tallos.
-Xosé, ¿ti podes decirme algo que eu non sei?
-Pois digame señora, ¿que quere saber?
-¿Por que as rosas teñen nome de muller?
-A muller e delicada, e a rosa delicada é.
A muller ole ben, e a rosa tamén.
Este mundo ten cousas boas,
a vida que é fermosa,
e as rosas que son preciosas
e as mulleres deliciosas.
-Gracias Xosé, contestáchesme moi ben.

No hay comentarios: