Buscar este blog

sábado, 14 de abril de 2007

Entroido 2007

Moi boas tardes, señores.
Outro ano aquí estou,
celebrando o meu santo
cos que atrás quedaron.

Antoxóuseme dar unha volta a Galicia
e vin os montes queimados,
as praias cheas de cinza e de ladrillos tamén,
os ríos indo por fora, e ós que vivían ó seu caron,
chegándolles a auga ata o pescozo,
e nun helicóptero tivéronos que rescatar.

Descansei un anaco no Bosque Animado
e tanto me gustou que falei só.
Entón díxome un home:
-¿Seica falas só?
-Estouche mirando para O Bosque Animado
refuxio dos namorados,
e agora queren que por él pase o AVE.
Estes gobernantes non teñen cachola,
nin bolas dentro dos pantalóns.

E como o AVE non chegaba
e o tren lixeiro tampouco,
funme chegando ata Cela, onde no lugar do río,
fixeron unha rotonda, e agora se chove,
non podemos a roupa lavar sen nos mollar.
En Cela a ponte romá tiraron tamén,
e alí tanto choraron que o río desbordaron.

Chegei ó centro de Cambre,
e estache peor que o ano anterior.
Os “Servicios Sociais” pagamos,
e á Barcala os levaron.
O que non poida camiñar, ata eles chegar,
o carallo vaise ter que tocar.

Ós veciños avisaron para pagar o alcantarillado,
pero se non o temos posto, ¿como imos paga-lo?
¡Hai que foderse!
¡Pagar un servicio sen te-lo prestado!
Está visto, cómo non lles chegan os cartos,
de algún lado hai que saca-los.

En vez de botar tantas contas,
é mellor que se poñan á porta da igrexa
pedindo esmola,
porque é ben certo que traballar non queren.

Había que coller un feixe de ortigas
e darlles unhas boas fregas
a ver se lles quencía o sangue,
pois como sigan así,
poucos votos van ter.

A “Casa da Cultura” está sen facer,
e a dos vellos tamén.
Parécelles que somos tontos,
e que nos poden meter
os dedos nos ollos,
pero se non morren de novos
tamén eles vellos han de ser.

Eu, coma Entroido que son,
nin morrerei, nin lles meterei os dedos nos ollos,
pero a lostregazos vounos espabilar.

Se alguén se picou, que se rasque,
que nos, xa hai tempo que nos rascamos,
e ó paso que levamos,
¡o que nos queda por rascar!

Xa me cansei de camiñar,
e agora vou descansar.
Xa teño un bo repertorio,
e para facer un artículo dá.
Pero se non paso a censura, igual lévanme preso.
¿E preso eu? ¡Nin por un pelo!
Así que ata o ano que ben,
que con novos folgos voltarei.

No hay comentarios: