Buscar este blog

domingo, 15 de abril de 2007

A vida e a morte

A vida

A vida é saltar
e respirar e comer e bailar.
A vida é formar un fogar
cheo de amor, cariño e paixón.
A vida é un don divino
que hai que saber vivilo,
que como di o refrán
non hai felicidade completa
por eso hai que vivila
porque a vida é pequena.


A morte

A morte é negra, son bágoas, son penas.
Cando che morren os pais eche unha gran pena
pois quedas abandonada, sen ninguén que te defenda.
Pero se che morre o home, chorar mais xa non se pode.
Pero se che morre un fillo, non hai pena mais grande,
porque che levan un cacho, un cacho da túa carne,
e sánguache o corazón e non sabes como atallarlle,
porque lle falta un cacho, un cacho da súa carne.
Iso é a morte, bágoas, tristura e pena.
A morte é eterna.

No hay comentarios: