Buscar este blog

sábado, 14 de abril de 2007

As Letras Galegas

Dazasete de Maio, dia das Letras Galegas,
quen puidera coñecelas, ordenalas,
escribilas e leelas.
Os que todo iso seipan, xa poden estar ledos.
Ler un libro é unha cousa ben fermosa,
e escribila ainda o é mais.
As Letras Galegas sempre van adicadas
a algún famoso escritor, estean vivos ou mortos,
que en Galicia hainos moi bos,
mulleres, homes, nenas e nenos.
Poñer aquí os seus nomes levaría moito tempo,
pero o dazasete de Maio vai adicado a todos.
Cantando o himno galego, de pé e con respeto,
escribindo unha poesía,
tocando a gaita ou bailando a xota.
As Letras Galegas son a nosa lingua,
falémola sempre para non esquencela.
Falade neniños, falade galego,
aprendede as letras para compoñelas.
Falade neniños, falade galego.

No hay comentarios: