Buscar este blog

sábado, 14 de abril de 2007

A miña Virxe María

Teño un pequeno xardín
que cuido todo o ano
para ter fermosas rosas,
e cando chegue o mes de Maio
poder levarllas á Virxe,
Virxe que tanto amo.
Cando llas estou poñendo
sinto unha voz que me di:
“son fermosas estas rosas,
gracias miñas filla,
ten coidado coas espiñas”.
Eu quedeime pasmadiña
e púxenme de xeonllos,
receille un Pai Noso
e canteille un Ave María.
“Virxe Santa, chamáchesme tua filla
sendo eu pecadora e ti unha Santa tan boa”,
e sentín que me decían:
“miña filla, miña filla”,
e púxenme de xeonllos,
receille un Pai Noso,
canteille un Ave María,
por esa nai que encontrei,
e que tiña por perdida.

No hay comentarios: