Buscar este blog

sábado, 28 de abril de 2007

O mozo embruxado

Hai un montón de tempo
que sempre soño o mesmo.
Soño con unha rapaza
tan fermosa, tan fermosa,
que non hai outra coma ela,
e sempre a vexo camiñando pola praia.
Fálolle e non me contesta,
e entón vou tras dela.
Ela levanta os brazos
e desaparece na auga,
e teño medo de que afogue,
e entón a mín tamén
me afoga o corazón.
Ten un cabelo louro e moi longo
que lle cubre mitade do corpo.
Serea non é porque vinlle os pés,
e con estes sonos
estoume volvendo tolo.
Conteillo á miña nai
e díxome: "a ti víute unha bruxa",
e levoume a unha cartuxeira.
Ela díxome que tiña o corazón
tan cheo de amor,
que tiña que buscar unha rapaza,
loura ou morena,
que quixera ser a miña parella,
e que lle entregara todo o meu amor.
E así foi como fíxen realidade o meu sono.

No hay comentarios: