Buscar este blog

domingo, 15 de abril de 2007

A cantiga

Cántolle ó ceo,
cántolle á vida,
cántolle á morte,
cántolle ós rios,
cántolle ás fontes.
Cántolle á terra
que ando por ela.
Canto de ledicia
e canto con pena,
cántolle ó vento
a ver se ma leva,
cando ven de volta,
volve a traela,
a pena é miña
pois ninguén ma leva.
Cántolle ós nenos
cando están xogando,
e canto cando están chorando.
O chorar é bo que molla-los ollos,
os meus están secos,
por eso non choro.
Miro para o ceo
e chamo ós meus pais
a ver se me dín se nacín cantando
ou nacín chorando,
pois todo o que fago,
fágocho cantando,
ainda que por dentro
estea sangrando.

No hay comentarios: