Buscar este blog

miércoles, 25 de abril de 2007

Dia das Letras Galegas

Este ano, o dia das Letras Galegas
está adicado á poesía.
Os nenos na escola están de festa,
recitan, escriben, contan contos,
e todos len libros.
E eso debíamolo facer todos,
porque os libros están feitos de letras,
que son ben fermosas,
pero por desgracia hai moita xente
que non puido ir á escola,
e non sabemos o significado das letras,
nin o que é a poesía, nin un libro.
Un libro é coma un amigo,
de día e de noite.
Pódelo levar sempre contigo,
no bolso ou nun peto.
Estes grandes escritores
escriben libros para todos os gustos.
Dramas, aventuras, amor,
poesía e ciencia ficción.
Un libro é coma un tesouro,
gárdalo nunha librería un montón de anos,
e de cando en cando daslle un repaso,
e se esa historia che gusta,
nunca a esquencerás.
Un libro é como a tua vida,
mentras o lees, respiras,
e podes decir:
¡Vivan as Letras Galegas
sepan ou non leelas!

No hay comentarios: